obradoiro de autoconstrución no campanario

Barrio do Campanario, A Coruña, 2010

levantamento e redación do proxecto

leave a comment »

O seguinte paso foi estudar o estado do Barrio para poder facer unha categorización das problemáticas e desta maneira poder enfrontarnos a elas segundo o seu grao de importancia, esto realizámolo mediante un levantamento casa por casa, cumplimentando unha ficha elaborada para o caso que podedes consultar aquí.

Basándonos neste levantamento dos inmobles e nas reunións cos habitantes do Barrio, eleboramos a memoria de actuación (que podedes descargar no menú da dereita ou aquí) onde se definían as actuacións a realizar e a maneira de levalas a cabo.

Advertisements

Written by desescribir

Setembro 12, 2010 at 10:01 am

Publicado en Uncategorized

reunións preparatorias (xullo 2010)

leave a comment »

O primeiro paso foi comprobar o pulso do Barrio, saber se a iniciativa era do seu interese  e ate que punto estaban dispostos a involucrarse; como esperabamos  a resposta foi moi positiva, dende o primeiro momento tomaron a iniciativa e entenderon a lóxica do obradoiro.

O obradoiro concretouse en dúas reunións, na primeira presentouse a iniciativa, os medios dispoñibles e as motivacións; na segunda concretamos con eles as problemáticas a atallar cos medios dispoñibles e tamén encetamos o sistema de xestión para levar a cabo o proceso.

Written by desescribir

Setembro 12, 2010 at 9:49 am

Publicado en Uncategorized

Adro

leave a comment »

O noso estudio de arquitectura realizou o pasado mes de novembro un obradoiro cos veciños do barrio do Campanario, na Coruña, para a mellora do seu espazo público dentro da iniciativa “A Cidade dos Barrios”, organizada polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. A participación dos veciños foi enorme e o resultado da iniciativa moi positivo. No seguinte link pódese consultar unha síntese do mesmo:  http://desescribir.com/imaxes/091202_maquetabarrios.pdf

A raíz desta primeira intervención a concellería de Rehabilitación do Concello da Coruña encargounos desenvolver un novo obradoiro cos veciños do Campanario co fin de mellorar as súas vivendas, as cales se atopan nunhas condicións moi precarias con repercusións negativas para os seus habitantes tanto a nivel de saúde como de seguridade. Dende o estudio elaboramos o plan da actuación, que foi aprobado polo Concello. Establecéronse catro categorías de intervención de maior a menor urxencia:

– Seguridade dos ocupantes (estrutural; nas instalacións eléctricas; nas instalacións de gas; ante os desprendementos)

– Salubridade (filtracións de humidade: cubertas, carpinterías e fachadas; ventilación / iluminación de estanzas)

– Confort (carencias en equipamentos -baños, cociñas-; illamento térmico)

– Xerais (pintura; limpeza)

Written by desescribir

Setembro 11, 2010 at 9:56 am

Publicado en Uncategorized