obradoiro de autoconstrución no campanario

Barrio do Campanario, A Coruña, 2010

Obradoiro de autoconstrución, epílogo.

leave a comment »

O presente texto dá conta do taller de autoconstrución que, dende setembro a decembro do ano 2011, se levou a cabo no barrio do Campanario. Este taller púxose en marcha por iniciativa do concelleiro de Rehabilitación da Coruña, Mario López Rico, que conseguiu 50.000 € provenientes do Fondo Estatal para o Emprego e a Sostibilidade Local.

Dende desescribir proxectáronse, xestionáronse e dirixíronse as actuacións encamiñadas a rehabilitar o maior número de vivendas posibles. Se se ten en conta que o barrio dispón de 65 vivendas que non cumpren, nin de lonxe, cos estándares de habitabilidade que a dignidade esixe, é inmediato deducir que os devanditos fondos serviron, máis que nada, para atenuar levemente as graves carencias existentes no barrio e, en menor medida, para familiarizar os veciños cun determinado tipo de tarefas que lles permitirán no futuro reparar as súas vivendas con maior criterio do que tiñan.
Dun xeito superficial, o proceso que seguimos no presente taller foi o seguinte:

Primeiras reunións e diagnóstico.

Formulóuselles aos habitantes do barrio a posibilidade do obradoiro de autoconstrución e comprobouse a súa dispoñibilidade, que foi total. O seguinte paso foi facer un diagnóstico de todas as vivendas anotando as necesidades obxectivas e as subxectivas, é dicir, aquelas que revestían un perigo obxectivo para os ocupantes (risco de electrocución, risco de desprendementos, etc) e aquelas que os veciños vivían como máis prioritarias (ventás rotas ou podres, etc).

Xestión de proveedores.

Dada a enorme cantidade de necesidades e a pouca dispoñibilidade presupostaria non se formulaba a posibilidade de comprar ningún material necesario para acometer as obras a prezo de mercado. Neste sentido houbo moita tarefa de xestión de provedores orientada a conseguir a multiplicación dos pans e os peixes. Houbo moitos provedores que colaboraron e que apoiaron o proxecto: dende estas liñas querémoslles dar as grazas a todos eles.

Criterios de intervención.

A partir da toma de datos estableceuse un criterio de intervención que ía dende o máis ao menos perentorio (empezando pola seguridade dos ocupantes -estrutural, desprendementos, instalacións de electricidade; continuando coa salubridade -humidades por cubertas ou carpintarías, ventilación de estanzas, etc-; o confort -illamento térmico, etc-).

Explicación das tarefas a acometer, formación, xestión e dirección de obra: cubertas, electricidade e albanelaría.

Celebráronse unha serie de reunións para establecer de común acordo cos veciños as diversas tarefas de rehabilitación. Antes de acometer as obras formouse os participantes do obradoiro, tanto no modo de executar os tallos coma nas medidas de seguridade e as precaucións a tomar para evitar accidentes durante estes. Os tres tipos de tarefas que se levaron a cabo no taller foron a reparación das cubertas que non tiñan ningún tipo de illamento e filtraban auga, as instalacións eléctricas (que estaban nun estado lamentable e perigoso -empalmes realizados con celo, etc-) e diversas reformas de albanelaría de redistribución das pezas (había moitos casos nos que todos os membros compartían un mesmo espazo).

Debe terse en conta que a duración das obras, como anteriormente se indicou, foi de tres meses e, durante este tempo, os veciños compatibilizaron os seus respectivos traballos coa execución das devanditas obras. Loxicamente, neste período producíronse diversos cambios nos ritmos de traballo, así como pequenos conflitos motivados pola propia dinámica das tarefas e, de xeito máis xeral, altibaixos na motivación dos participantes. Á fin e ao cabo, era a primeira intervención municipal no barrio despois de 50 anos de existencia e non deixaba de resultar chocante, que, cando esta se produciu, tivesen que ser os propios veciños que a acometeran. Pois ben, é de xustiza recoñecer que este obradoiro foi posible grazas ao traballo, a vontade e o desexo dos habitantes do barrio e, de xeito especial, do que era o presidente da Asociación de Veciños durante a execución deste, Ramón Pérez Basich, cuxa dispoñibilidade, entrega e enerxía serviron para solucionar todas as pequenas incidencias que puideron poñer en perigo o bo fin do taller.

En termos materiais, o resultado conseguido foi a instalación de máis de 1900 m2 de cuberta, 28 instalacións eléctricas completamente renovadas, 101 novas ventás e diversos traballos de albanelaría e pequenas reparacións de fontanaría realizadas nunha gran cantidade de vivendas. Gustaríanos pensar que, dende outro punto de vista, este obradoiro serviu para visibilizar a problemática do barrio, para contribuír nunha pequena medida a empoderar aos seus habitantes achegándolles certa autonomía. Pero, por outra banda, somos conscientes de que esta é unha actuación demasiado pequena no tempo e no espazo como para facernos moitas ilusións ao respecto.

Podedes consultar o material audiovisual elaborado durante o obradoiro aquí.

 

Advertisements

Written by desescribir

Febreiro 9, 2011 ás 10:24 am

Publicado en Uncategorized

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: