obradoiro de autoconstrución no campanario

Barrio do Campanario, A Coruña, 2010

montaxe de cubertas 02

leave a comment »

A montaxe segue a bó ritmo, agás por uns pequenos problemas coa ferramenta (remachadora e soplete), xa subsanados, imos colléndolle xeito ao sistema e cada vez somos máis produtivos.

Subimos a continuación unha serie de imaxes que ilustran máis pormenorizadamente o proceso de montaxe. O sistema é moi rápido en superficies continuas, o que o complica un pouco máis son os remates.

Imaxes 01 e 02. Replanteo da plancha e cortado da mesma. Se é necesario a plancha pódese cortar ao ancho, quitándolle parte do aillamento e deixando a solapa de pegado máis longa.

Imaxes 03 e 04. As imaxes mostran o proceso de remache das placas; despois de presentalas fanse as perforacions mediante o taladro, tentando facelas coincidir na cresta da placa de fibrocemento, despois introdúcense os remaches no burato para pasar a aplicalos mediante a remachadora.

Imaxe 05. Finalmente procédese a soldas as pestañas mediante o soplete. Nótese na imaxe o sentido de solape das pestañas, elexido en función do vento dominante na zona, para evitar que o mesmo levante a unión.

Como nos explicou Jose Luís, o instalador que nos deu unhas clases prácticas sobre a colocación do sistema, o máis delicado na montaxe é evitar que o aire entre por debaixo das planchas, porque podería chegar a separalas da base.

Advertisements

Written by desescribir

Setembro 15, 2010 ás 11:26 am

Publicado en Uncategorized

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: