obradoiro de autoconstrución no campanario

Barrio do Campanario, A Coruña, 2010

Obradoiro de autoconstrución, epílogo.

leave a comment »

O presente texto dá conta do taller de autoconstrución que, dende setembro a decembro do ano 2011, se levou a cabo no barrio do Campanario. Este taller púxose en marcha por iniciativa do concelleiro de Rehabilitación da Coruña, Mario López Rico, que conseguiu 50.000 € provenientes do Fondo Estatal para o Emprego e a Sostibilidade Local.

Dende desescribir proxectáronse, xestionáronse e dirixíronse as actuacións encamiñadas a rehabilitar o maior número de vivendas posibles. Se se ten en conta que o barrio dispón de 65 vivendas que non cumpren, nin de lonxe, cos estándares de habitabilidade que a dignidade esixe, é inmediato deducir que os devanditos fondos serviron, máis que nada, para atenuar levemente as graves carencias existentes no barrio e, en menor medida, para familiarizar os veciños cun determinado tipo de tarefas que lles permitirán no futuro reparar as súas vivendas con maior criterio do que tiñan.
Dun xeito superficial, o proceso que seguimos no presente taller foi o seguinte:

Primeiras reunións e diagnóstico.

Formulóuselles aos habitantes do barrio a posibilidade do obradoiro de autoconstrución e comprobouse a súa dispoñibilidade, que foi total. O seguinte paso foi facer un diagnóstico de todas as vivendas anotando as necesidades obxectivas e as subxectivas, é dicir, aquelas que revestían un perigo obxectivo para os ocupantes (risco de electrocución, risco de desprendementos, etc) e aquelas que os veciños vivían como máis prioritarias (ventás rotas ou podres, etc).

Xestión de proveedores.

Dada a enorme cantidade de necesidades e a pouca dispoñibilidade presupostaria non se formulaba a posibilidade de comprar ningún material necesario para acometer as obras a prezo de mercado. Neste sentido houbo moita tarefa de xestión de provedores orientada a conseguir a multiplicación dos pans e os peixes. Houbo moitos provedores que colaboraron e que apoiaron o proxecto: dende estas liñas querémoslles dar as grazas a todos eles.

Criterios de intervención.

A partir da toma de datos estableceuse un criterio de intervención que ía dende o máis ao menos perentorio (empezando pola seguridade dos ocupantes -estrutural, desprendementos, instalacións de electricidade; continuando coa salubridade -humidades por cubertas ou carpintarías, ventilación de estanzas, etc-; o confort -illamento térmico, etc-).

Explicación das tarefas a acometer, formación, xestión e dirección de obra: cubertas, electricidade e albanelaría.

Celebráronse unha serie de reunións para establecer de común acordo cos veciños as diversas tarefas de rehabilitación. Antes de acometer as obras formouse os participantes do obradoiro, tanto no modo de executar os tallos coma nas medidas de seguridade e as precaucións a tomar para evitar accidentes durante estes. Os tres tipos de tarefas que se levaron a cabo no taller foron a reparación das cubertas que non tiñan ningún tipo de illamento e filtraban auga, as instalacións eléctricas (que estaban nun estado lamentable e perigoso -empalmes realizados con celo, etc-) e diversas reformas de albanelaría de redistribución das pezas (había moitos casos nos que todos os membros compartían un mesmo espazo).

Debe terse en conta que a duración das obras, como anteriormente se indicou, foi de tres meses e, durante este tempo, os veciños compatibilizaron os seus respectivos traballos coa execución das devanditas obras. Loxicamente, neste período producíronse diversos cambios nos ritmos de traballo, así como pequenos conflitos motivados pola propia dinámica das tarefas e, de xeito máis xeral, altibaixos na motivación dos participantes. Á fin e ao cabo, era a primeira intervención municipal no barrio despois de 50 anos de existencia e non deixaba de resultar chocante, que, cando esta se produciu, tivesen que ser os propios veciños que a acometeran. Pois ben, é de xustiza recoñecer que este obradoiro foi posible grazas ao traballo, a vontade e o desexo dos habitantes do barrio e, de xeito especial, do que era o presidente da Asociación de Veciños durante a execución deste, Ramón Pérez Basich, cuxa dispoñibilidade, entrega e enerxía serviron para solucionar todas as pequenas incidencias que puideron poñer en perigo o bo fin do taller.

En termos materiais, o resultado conseguido foi a instalación de máis de 1900 m2 de cuberta, 28 instalacións eléctricas completamente renovadas, 101 novas ventás e diversos traballos de albanelaría e pequenas reparacións de fontanaría realizadas nunha gran cantidade de vivendas. Gustaríanos pensar que, dende outro punto de vista, este obradoiro serviu para visibilizar a problemática do barrio, para contribuír nunha pequena medida a empoderar aos seus habitantes achegándolles certa autonomía. Pero, por outra banda, somos conscientes de que esta é unha actuación demasiado pequena no tempo e no espazo como para facernos moitas ilusións ao respecto.

Podedes consultar o material audiovisual elaborado durante o obradoiro aquí.

 

Written by desescribir

Febreiro 9, 2011 at 10:24 am

Publicado en Uncategorized

a cuadrilla de limpeza

leave a comment »

Melody, Juncal, Juan e David.

En horas non lectivas.

Written by desescribir

Outubro 28, 2010 at 3:22 pm

Publicado en Uncategorized

traballos en cuberta

leave a comment »

Coa axuda do bó tempo, continúan os traballos en cuberta. Os barracóns máis baixos, dunha planta, están prácticamente rematados; agora continuamos co bloque de baixo e primeira, para o que montamos unha liña de vida para traballar con seguridade.

Deixamos unhas fotografías para que sigades a evolución dos traballos.

Written by desescribir

Outubro 17, 2010 at 7:46 pm

Publicado en Uncategorized

guate, o listero

leave a comment »

Esta persoa é básica.

Ocúpase da ferramente e o material; de controlar o seu uso, de avisarnos cando está por rematar ou deteriorado, e de recollelo ao fin da xornada.

Ten unha labor pouco agradecida porque ten que andar detrás da xente, e de cando en vez lévase algunha rosma, pero para nós é un dos participantes máis activos e útiles.

Graciñas Miguel, o guatemalteco.

Written by desescribir

Outubro 15, 2010 at 10:35 am

Publicado en Uncategorized

04 Outubro 2010

leave a comment »

Para que vos fagades unha idea da configuración do barrio colgamos esta ortofoto.

A imaxe tamén nos sirve para ver a evolución dos traballos a día de hoxe, os puntos amarelos marcan as vivendas nas que se substitíu a instalación eléctrica; en azul marcamos a superficie de cuberta aillada e impermeabilizada co sistema que estamos a aplicar.

Hai moitas outras pequenas actuacións que contaremos en futuros posts, menos vistosas pero tamén importantes, como substitución de pontóns en mal estado, consolidación de muros deteriorados, enfoscado de paredes, etc, etc.

Written by desescribir

Outubro 4, 2010 at 9:29 am

Publicado en Uncategorized

Lugar do Campanario, nº 21

with one comment

Este é un dos casos máis precarios do Barrio, nesta vivenda viven habitualmente tres persoas, unha parella madura e a súa nai, unha anciá en cadeira de rodas; esporádicamente reciben aos seus fillos adultos.

Os problemas da casa son innumerables, carencia absoluta de ventilación, iluminación, instalacións eléctricas colgantes, numerosas entradas de auga por cuberta e paramentos.

As fotos falan por sí solas.

Ademáis do senso reivindicativo e de denuncia, subimos estas fotos para deixar constancia do estado previo da vivenda, pois a solidariedade da comunidade cristalizouse para facer unha reforma integral do inmoble. Hoxe comezan os traballos de derrubo interior. A cuberta xa foi mellorada co sistema que estamos a utilizar.

Iremos mostrando o proceso.

Para evitar caer nunha postura asistencialista pola nosa parte, gustaríanos engadir que nesta situación,  a desidia e a ignorancia, e non só a carencia de recursos dos habitantes da vivenda, son moi malos aliados . Hai que dicir que noutros moitos casos dentro do barrio, con medios semellantes, as vivendas atópanse nun estado moito máis digno. Indagar nos mecanismos para incentivar a responsabilidade individual (ademáis da colectiva) é un dos camiños que máis nos preocupan no desarrollo do obradoiro.

Written by desescribir

Setembro 22, 2010 at 9:22 am

Publicado en Uncategorized

montaxe de cubertas 03

leave a comment »

Chegamos aos 1.100 m2 de cuberta, e subindo.

Neste momento hai tres grupos de traballo ben coordinados, dous de montaxe e un de soldadura.

O tempo está sendo un bó aliado, esperemos que aguante un pouco máis e nos permita seguir a este ritmo.

Ademáis do repaso dos puntos conflictivos (desniveles, cumbreras…) comezamos co remate da cuberta nas cornisas. O detalle de remate é moi sinxelo, baixo o fibrocemento, no extremo da cuberta colocamos un rastrel de madeira fixado con remaches, a lámina impermeabilizante sóldase a este rastrel; despois colocamos outro rastrel facendo un sandwich coa lámina, desta maneira evítase o posible desgarro da lámina ao ser a fixación continua, finalmente deberemos tratar o rastrel cun producto que o faga resistente ao deterioro pola exposición á intemperie.

A xente está traballando incluso por riba das nosas expectativas, é impresionante ver como se volcan no traballo incluso despois de rematar as súas xornadas profesionais.

Parabéns a todos.

Written by desescribir

Setembro 21, 2010 at 8:50 am

Publicado en Uncategorized

Lugar do Campanario, nº18

leave a comment »

Written by desescribir

Setembro 20, 2010 at 11:57 am

Publicado en Uncategorized

clases de formación en seguridade (albanelería, fontanería e electricidade)

leave a comment »

Os días 15 e 16 de setembro, a xente participante no obradoiro, recibíu unhas clase de formación en seguridade para traballos específicos.

A primeira foi impartida por Bruno de Segaprel, e tivo que ver cos traballos de albanelería: falounos, entre outras cousas, dos riscos máis frecuentes e como evitalos, o uso correcto das ferramentas, así como o material de protección necesario para un traballo seguro.

A segunda clase impartiuna Irene, tamén de Segaprel; esta clase foi menos concurrida pois limitouse á xente que se especializará nos traballos de electricidade, que son un número limitado.

Irene falounos dos procedementos para traballar de maneira segura nuha instalación eléctrica xa existente ou de nova instalación, tamén comentou as problemáticas máis frecuentes e como enfrontalas.

Tódalas sesións foron moi formativas e agradecémoslle tanto aos docentes como os asistentes a súa adicación.

Written by desescribir

Setembro 17, 2010 at 11:58 am

Publicado en Uncategorized

Novas instalacións eléctricas

leave a comment »

Esta semana comezamos coas instalacións eléctricas das vivendas xa que o seu estado, en moitos casos, é altamente perigoso (cables sen ningún tipo de protección queimados e/ou empatados con celo, ausencia de limitadores ou de tomas de terra, etc.). Nalgunhas vivendas, hai parte da instalación que está en bo estado: cando é así aproveitamos todo o posible e só engadimos un novo circuíto, por exemplo, ou facémoslle a posta a terra.

Decidimos resolver as instalacións por superficie (é dicir, sen necesidade de facer rozas nin para o paso de tubos nin para enchufes ou caixas de derivación), protexidas por un tipo de tubo blindado pero flexible (o tubo negro que se ve nas fotos) que nos evita a utilización de cóbados para xiros e cambios de dirección, etc.

Na primeira foto deste post Pablo está a explicar como se conecta o cableado. Formamos a 4 persoas para acometer as instalacións axudadas por outros 4 auxiliares, de modo que a día de hoxe, xa temos 4 equipos capaces de resolver ¿4 vivendas por día?

Written by desescribir

Setembro 16, 2010 at 7:46 am

Publicado en Uncategorized